
María Ainoa Zabalza Cerdeiriña
Profesora Contratada Doutora
Doutora Europea en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e en Maxisterio, Educación Infantil, pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo. A súa docencia vincúlase aos Grados de Educación Infantil e Primaria e ao Mestrado de Profesorado de Ensinanza Secundaria, onde coordina e imparte diversas materias relacionadas co desenvolvemento curricular e a innovación e investigación educativa. Tamén participa na tutorización de TFG e TFM. É coordinadora do itinerario de Orientación Educativa no Mestrado de Profesorado de Ensinanza Secundaria da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra.
É membro dos grupos de investigación GIE (Grupo Interuniversitario de Estudos) e CIES (Rede de Colaboración para a Inclusión Educativa e Social). As súas líneas de investigación céntranse principalmente na Formación de Profesorado, a Educación Infantil e a Educación Inclusiva. Participou en diferentes proxectos de I+D+i e publicou diversos libros e artigos científicos tanto no ámbito nacional como internacional.
Ademais, é membro do comité científico de editoriais internacionais como Francoangeli e Erikson, actúa como revisora de diversas revistas científicas e é secretaría da revista RELAdEI.