Santiago Pato Rodríguez

    Santiago Pato Rodríguez

    Investigador predoutoral

    Enxeñeiro Superior de Camiños, Canais e Portos, Diploma de Estudos Avanzados en Tecnoloxías do Medio Ambiente e Certificado de Aptitude Pedagóxica pola Universidade da Coruña, posúe ao mesmo tempo o Grao en Educación Primaria na Universidade de Vigo polo que levou o premio extraordinario de fin de carreira por partida tripla (Universidade de Vigo, Comunidade Autónoma de Galicia e Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades). É tamén na UVigo onde cursou o Mestrado en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares.

    Actualmente está a realizar a súa tese no programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación, ao cal accedeu no curso 2015-2016 co premio á excelencia académica para novo alumnado de doutoramento da Universidade de Vigo, obtendo, ademais, un contrato FPU do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Tras superar o proceso selectivo de acceso ao corpo de mestres da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en 2016, incorpórase ao seu posto como mestre de lingua inglesa no ano 2018.

    A súa actividade docente na Universidade desenvólvese na Facultade de Educación nas materias de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria do Grao de Educación Primaria e de Recursos Tecnolóxicos en Educación Social no Grao de Educación Social.

    As súas liñas de investigación céntranse na educación inclusiva, no desenvolvemento sostible, nas novas tecnoloxías e no deseño de centros educativos.

    Organizou e participou en numerosos cursos vencellados coa atención á diversidade, novas tecnoloxías e didáctica da comunicación. Asemade, ten realizado múltiples comunicacións en congresos así como publicado artigos de revistas e capítulos de libros sobre deseño de centros educativos, ciencia, educación e atención á diversidade.

    Santiago José Cruz Muñoz