Antonia Blanco Pesqueira

    Antonia Blanco Pesqueira

    Catedrática de Escola Universitaria

    As liñas de investigación ao longo da súa carreira profesional son:

    A avaliación de programas e a avaliación institucional ao comenzo da súa carreira investigadora, da que xurdiu a súa tese de doutoramento: Evaluación de la calidad formativa de programas de formación permanente del profesorado de personas adultas. Este ámbito investigador derivou, sen deixar de traballar nel, cara unha maior profundización na Formación do profesorado convirtiéndose, esta liña de traballo, no eixo transversal de toda a súa investigación profesional. Esta transversalidade queda patente nos diversos proxectos de investigación competitivos que tivo: “Estudio de las competencias profesionales en las titulaciones de Educación Infantil Primaria y Secundaria” ou “La formación inicial del profesorado de Secundaria…”  ambas financiadas na modalidade competitiva pola Xunta de Galicia e da que foi investigadora principal. Seguindo na liña da formación do profesorado a súa docencia en Formación Inicial de profesorado levouna a profundizar máis neste ámbito, así as súas últimas colaboracións céntranse na innovación educativa e a formación inicial do profesorado.

    A formación do profesorado e o desempeño docente foron os pilares básicos da súa traxectoria e das que se derivan as teses que ten dirixido nos últimos anos, tratando a avaliación do desempeño docente e as representación sobre a ensinanza.

    Á hora de adentrarse na Innovación Educativa atopou a necesidade de traballar interdisciplinarmente con otros grupos e ámbitos de investigación da súa universidade así como de outras. Nestes intres, traballa co Grupo GIST-ET1 da Escola de Telecomunicacións.

    Por último, é destacable a súa tarefa na xestión universitaria (19 anos), sendo o seu último cargo o de Vicerrectora. Esta experiencia deulle unha visión sobre todo o cambio que o mundo universitario está a experimentar diametralmente na forma de ver a investigación, a innovación e a transferencia do coñecemento.

    María Ainoa Zabalza Cerdeiriña