Mª Esther Martínez-Figueira

    Mª Esther Martínez-Figueira

    Titular de Universidade

    Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Vigo, tamén Licenciada en Psicopedagoxía e Diplomada en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora Titular de Universidade no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.

    A súa docencia actual repártese en materias vencelladas á tecnoloxía educativa e practicum dos Graos de Educación Infantil e Primaria, de diferentes Mestrados de educación e no Programa de Doutoramento Interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación.

    En canto á súa actividade investigadora, sinalar que forma parte do grupo de investigación CIES (Colaboración e Innovación para a Equidade Educativa e Social) da Universidade de Vigo. As súas principais liñas de investigación xiran en torno á tecnoloxía educativa, innovación tecnolóxica, innovación educativa, inclusión, formación inicial e continua da profesión docente, ensinanza universitaria e practicum. Sobre as devanditas temáticas ten participado como investigadora en varios proxectos nacionais de I+D+i e autonómicos como tamén ten sido Investigadora Principal en proxectos de investigación e innovación propios da Universidade. Asemade ten impartido ponencias e comunicacións así como publicado numerosos artigos, capítulos de libros e autora de monografías referidas ás devanditas temáticas. Pódese consultar parte da súa publicación en Dialnet, Google Scholar ou Researchgate.

    Uxío Pérez RodríguezAntonia Blanco Pesqueira