Almudena Alonso Ferreiro

    Almudena Alonso Ferreiro

    Profesora Axudante Doutora

    Mestra especialista en Educación Infantil e licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Procesos de Formación e doutora en Deseño e Innovación na Formación pola USC. É profesora Axudante Doutor no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo, na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Ourense. Docente dos Graos de Educación Infantil e Educación Primaria nas materias de tecnoloxía educativa.

    As súas liñas de investigación xiran en torno a tres eixos fundamentais: a integración das tecnoloxías dixitais na educación, a competencia dixital e a formación docente.

    Ten participado en proxectos de investigación nacionais e internacionais. Recentemente estivo involucrada no proxecto CDEPI – Competencia Digital en estudiantes de educación obligatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación y propuestas de e-inclusión. Participou e colaborou en xornadas, seminarios e congresos con temáticas relacionadas coa tecnoloxía educativa e a súa producción científica tamén xira en torno a esta temática.

    Mercedes Varela LosadaIsabel Fernández Menor